Biblio Torre Illa
O blog da biblioteca do CEIP Torre Illa
viernes, 28 de marzo de 2025
sábado, 22 de marzo de 2025
Carta de Libria con SORPRESÓN!!
Ola peques e familias!!
Esta semana por fin Libria e os seus carteiros/as nos visitaron para desvelarnos o GRAN SORPRESÓN que levan tempo preparando!! Para despedir este trimestre Libria decidiu adiantar unha das actividades da SEMANA DO LIBRO!!
Encantounos o que nos veu a contar pero a súa visita xa é algo especial!!
Mirade algún dos recibimentos!!
Mirade os diferentes momentos que se crearon nalgunhas aulas de Educación Infantil e primaria que nos fixeron chegar fotiños e vídeos preciosos!!
Aquí vos deixamos a CARTIÑA que chegou a todas as aulas anunciando un ESPECTÁCULO DE TÍTERES e o libro no que se basea de agasallo para todo o alumnado do cole!!
Tamén os paquetiños cheos de libros para cada peque!!
E o CARTEL que o di todo!! 
Moitas grazas de antemán á Editorial Galaxia pola súa boa disposición sempre, ao autor Carlos Labraña que accedeu a unha sorpresiña máis o propio día do espectáculo, ao grupo Tanxarina e ao Concello da Illa de Arousa pola súa colaboración e implicación dende a proposta!! Grande TRABALLO EN EQUIPO por e para as/os nosas/os peques!!
E recordade que:
"UN DÍA SEN LER,
É UN DÍA PERDIDO".
Por iso nalgunhas aulas... non puideron esperar para comezar co encargo de Libria e xa están lendo o libriño que lles agasallou!!
Apertiñas lectoras!!
domingo, 16 de marzo de 2025
Sorpresiña de Libria!!
Ola peques e familias!!
A biblio continúa con moita actividade todas as mañás!! Especialmente no recreo prodúcese unha reunión preciosa de peques con diferentes motivacións!! E todas marabillosas!!
Encántamos ver esas cariñas cheas de sorrisos!! Pero ademais... Libria, o seu equipo de voluntarios/as de sexto e mestras coa colaboración do concello levan unha temporada preparando unha SORPRESIÑA para todo o cole!!
Xa está todo preparado... nuns días descubrirémola!! Que será, será?? Admítense apostas nos comentarios!!
Así comeza a CARTA que pronto recibirán todas as aulas!!
Que misterio...
E antes de despedirnos
recordarvos que...
"UN DÍA SEN LER,
É UN DÍA PERDIDO".
Apertiñas lectoras!!
miércoles, 12 de marzo de 2025
Día de Rosalía de Castro e Día da Muller!!
Ola peques e familias!!
No cole non paramos de celebrar e conmemorar días importantes!!
O mes pasado tocoulle á gran ROSALÍA DE CASTRO!!
Dende Educación Infantil en colaboración co equipo de Dinamización da Lingua Galega chegounos a proposta dunha fermosa actividade!! Creamos un libriño sobre esta gran muller cun marcapáxinas coa FLOR DO PENSAMENTO!!
Despois tocou intercambialos con algún compañeiro/a!! Foi un día precioso!!
Dende a biblioteca, ademais, sempre ofrecemos escolmas de libros relacionados coas conmemoracións!!
Continuamos este mes co 8M: DÍA DA MULLER. Neste caso temos un recuncho no que os libros sobre este tema están moi presentes!!
Recollemos aquí algunhas das actividades relacionadas con esta conmemoración!! Unha delas a podedes escoitar no seguinte enlace a RADIO CARCAMÁN: un magnífico programa sobre este tema:
CONMEMORACIÓN 8M NA RADIO
Tamén unha parte da escolma que se realizou na biblioteca!!
Incluímos estas dúas novidades recén chegadas!!


Esta última foi unha homenaxe á historia que nos contou Maricarmen, a avoa de Enma de 2ºA. Brava, valente e "atrevida", como ela mesma di!!
Por hoxe despedímonos con moito máis que contarvos en próximas entradas!!
E recordándovos que:
"UN DÍA SEN LER,
É UN DÍA PERDIDO".
Apertiñas lectoras!!
lunes, 17 de febrero de 2025
Sorpresón para Educación Infantil!!
Ola peques e familias!!
Libria leva moito tempo argallando unha GRAN SORPRESA para @s peques do cole!!
Buscaba a maneira máis práctica e chula para que os LIBROS puidesen viaxar ás casas a través do PRÉSTAMO LECTOR!! 
E sabedes que?? Conseguiuno!! Así que se puxo mans á obra para preparalo todo e sorprendel@s á volta do Nadal!!
Cando xa o tiña listo invitou aos peques e ás súas mestras á biblio!!
Vaia SORPRESÓN levaron!!
Non o esperaban pero pronto tiveron claro que querían usalos para levar LIBROS!! Estaban tan agradecid@s que encheron de apertas a Libria!!
E a motivación e ilusión eran tan grandes que as mestras tiveron que darse présa e a actividade xa se puxo en marcha enseguida cos novos e chulísimos MALETÍNS!!
Así que xa levan varias semaniñas disfrutando desta nova actividade e polas cariñas... vese que están encantad@s!! E Libria e o seu equipo non poden estar máis felices!!
Aínda quedan cousiñas que contar sobre isto!! Estades atent@s!! Polo de agora toca coidalos moito e recordar sempre que...
"UN DÍA SEN LER,
É UN DÍA PERDIDO".
Apertiñas lectoras!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)