viernes, 26 de abril de 2024

Semana do LIBRO!!

Ola peques e familias!! 

Libria non para de sorprendernos e nunha semana tan especial non ía ser menos!! A súa semana!! Por iso argallou unha serie de ACTIVIDADES CHULÍSIMAS!! 

Nos recreos @s VOLUNTARI@S DE SEXTO que sempre lle axudan prepararon uns CONTACONTOS PRECIOSOS!! 

Fixérono xenial e foi marabilloso ver a biblio a tope de peques mentras continuaba o servizo de préstamo e un recunchiño para a lectura libre!!




 Grazas AXUDANTES por agasallarnos co voso "BO CONTAR"!! 

E o venres sorprendeunos deixándonos levar libros para LER NO PATIO durante o tempo do recreo!! Foi algo diferente e estupendo!! Aínda que... esta semana aproveitando que nos acompañou o bo tempo, moit@s saímos a ler fóra!! Foi xenial ver o patio cheíño de PEQUES E LIBROS!! 

Nas HORAS DE LECTURA non faltaron as XUNTANZAS ENTRE PADRIÑOS E MADRIÑAS LECTORAS!! ARTE E CONVIVENCIA DA MAN seguindo o proxecto deste curso: "BENESTART"!!

 Ademais, o alumnado de 1º EP visitou a BIBLIOTECA MUNICIPAL para "coctelear coa lectura!!

Pero aínda queda un DOBRE SORPRESÓN que comezaremos a contarvos a próxima semana... estade moi atent@s!! Só podemos adiantarvos que @s voluntari@s de 5º e 6º están traballando arreo para ter todo listo moi pronto!!

E recordade que... 

"UN DÍA SEN LER, 

É UN DÍA PERDIDO"!! 

Apertiñas lectoras!!

jueves, 21 de marzo de 2024

Día da muller e semana da prensa!!

 Ola peques e familias!! 

No mes de marzo conmemoráronse dous días moi importantes!! 

No DÍA INTERNACIONAL DA MULLER a biblioteca luciu con escolmas de libros relacionados con este día!! 

Na SEMANA DA PRENSA realizouse en todo o cole unha actividade que tratou de buscar nos XORNAIS, PALABRAS POSITIVAS rematadas en -ARTE e con elas realizouse unha GRANDE OBRA ARTÍSTICA que chegou a todos os recunchos do cole!! Quedou precioso!! ARTE E CONVIVENCIA DA MAN seguindo o proxecto deste curso: "BENESTART"!! 



Ademais, tivemos xornais dispoñibles durante toda a semana para as diferentes aulas e Libria e @s seus carteir@s visitaron a todos @s peques do cole repartindo mochiliñas cheas de XORNAIS E REVISTAS para as nosas bibliotecas de aula!! Vaia SORPRESÓN!!

 Antes de marchar... 

recordarvos que: 

"UN DÍA SEN LER, 

É UN DÍA PERDIDO"

Apertiñas lectoras!!

lunes, 18 de marzo de 2024

Visitas de escritor@s e ilustrador@s!!

Ola peques e familias!! 
A última semana de febreiro estivo chea de VISITAS DE ESCRITOR@S E ILUSTRADOR@S grazas a Libria que non para de conseguir actividades chulísimas grazas aos seus contactos!! 
A primeira en visitar aos compis de quinto foi ANDREA MACEIRAS!! Ten unha historia alucinante arredor do libro "FOLLA AZUL" centrada no medio ambiente e no seu coidado!! 
É sempre un gusto escoitala, aprender dela e que nos agasalle coa súa orixinal sinatura nos nosos libros!! Grazas un curso máis, Andrea!!

O seguinte en visitar aos nosos compis de terceiro foi FRAN ALONSO!! O seu libro "O MEU GATO É UN POETA", escrito en verso sempre triunfa!! 
E as súas entretidas charlas tamén!! Por non falar das adicatorias personalizadas e moi creativas coas que nos sorprende en cada un dos nosos libros!! Grazas Fran!!
E os compis de primeiro tamén recibiron a visita do ILUSTRADOR CARLOS TABOADA: "PIN", que forma parte de "POLO CORREO DO VENTO". Os seus debuxos nos contos de "AMARANTA, A CARTEIRA SARAMAGANTA" e "XELO, O CARTEIRO XURELO", téñennos alucinad@s!! Pero gozar da súa arte en directo e ter a sorte de que nos guiase paso a paso para realizar nós os debuxos foi...INCRIBLE!! No seguinte enlace podedes ver máis detalles da visita, moi relacionada co proxecto de ARTE E CONVIVENCIA deste curso!! Grazas Pin!!

BLOG DE PRIMEIRO

GRAZAS A TOD@S POR ENCHER DA ARTE DA ESCRITURA E A ILUSTRACIÓN O NOSO COLE POR UN RATIÑO!! 
E recordade que: 
"UN DÍA SEN LER, 
É UN DÍA PERDIDO"
Apertiñas lectoras!!